
Santiago, 11 de xaneiro de 2011.- A saída da Autovía do Barbanza en Ponte Catoira (Saída 10 (AG-11)- Ponte Catoira (AC-553)) estará cortada nun tramo, dende o inicio ata o quilómetro 1+400, por mor das obras do AVE. O corte iniciouse hoxe e prolongarase ata o próximo 15 de xaneiro, en horario de 09:00 horas e as 19:00.
As causas que motivan este corte son a colocación de prelosas e formigonado do taboleiro dos vanos 4 e 21 do viaduto situado no primeiro treito da estrada, que se corresponde coa tramo Vacariza- Rialiño da liña de Alta Velocidade.
O corte efectuarase nun carril deixando o outro libre para a circulación dos vehículos.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario