O acto de entrega ten lugar este xoves 13 de xaneiro en Madrid na sede do CSIC
Boiro, 11 de decembro de 2011. O Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, recollerá este xoves, día 13, ás 12.00 horas na sede del Consejo Superior de Investigaciones Científicas, en Madrid, el distintivo “Ciudad de la Ciencia y la Innovación” ortorgado al Concello de Boiro por el Ministerio de Ciencia e Innovación. Ademais de integrantes da Casa Real, asistirá o Vicepresidente Terceiro e Ministro de Política Territorial e Administración Pública, Manuel Chaves, e a Ministra de Ciencia e Innovación, Cristina Garmendia Mendizábal. O Alcalde de Boiro intervirá en dito acto en nome dos concellos de menos de 20.000 habitantes que resultaron premiados.
Con este galardón, o Ministerio de Ciencia e Innovación persegue fomentar a ciencia e a innovación española actuando dende o ámbito local, co convencemento de que, agora máis ca nunca, é preciso o trabajo conjxnto de todos ls axentes con capacidade de mobilizar vontades e recursos a favor da investigación, a innovación e o emprendemento, sinalou a Ministra na carta enviada ao Concello de Boiro con motivo do convite a este acto.
O goberno de Boiro manifesta a súa satisfacción pola concesión do distintivo “Ciudad de la Ciencia y de la Innovación” por parte do Ministerio de Ciencia e Innovación, un premio que "reafirma a aposta do goberno de Boiro polas políticas activas de fomento do emprego. A distinción vén, igualmente, a pór de manifesto a oportunidade e acerto do goberno local á hora de decidir investir parte do orzamento do Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidad Local nun proxecto, o centro de formación e viveiro de empresas, que ten como obxectivo prioritario potenciar, mediante medios técnicos, asesoramento e infraestruturas, ás iniciativas de emprego e proxectos empresariais que se poñan en marcha na localidade, sobre todo nos primeiros anos, os máis difíciles, da súa andadura".
O equipo de goberno sinala que "a creación de emprego foi sempre un obxectivo prioritario para o Concello, polo que, a través da Axencia de Desenvolvemento Local, ven realizando accións encamiñadas a potenciar a formación e a cualificación específica para facilitar a busca de traballo, así como a creación de negocios como alternativa de autoemprego. Os obradoiros de emprego, as escolas taller, charlas e seminarios sobre creación de empresas, proxectos de desenvolvemento local (Equal-Deloa, Inserta, Proximitas, Xiana), apoio ás Iniciativas Locais de Emprego (ILES), fomento da figura cooperativa, etc., son algunhas das liñas de traballo realizadas, ademais dos servizos de atención cidadá a través da Orientadora Laboral e da Axente de Emprego e Desenvolvemento Local. En resumo, o obxectivo é a promoción e mellora da competitividade do tecido empresarial local e o nacemento de novas iniciativas empresariais. Todas estas actuacións se desenvolven mediante o establecemento de redes de comunicación e colaboración co entorno produtivo en xeral: empresas, axentes sociais, organismos de formación, asociacións, federacións, mancomunidades e outras figuras do mercado laboral referidos ao mercado de traballo; neste apartado, referido especialmente á creación de empresas, a través de accións coordinadas coas Concellerías de Cultura e Xuventude do Concello de Boiro. Neste sentido, o Concello de Boiro aposta firmemente por un novo modelo de desenvolvemento baseado na capacidade de imaxinación, creatividade e innovación, e por iso, levamos sete anos desenvolvemento por varias vías a promoción da creatividade como elemento de desenrolo".
Programas levados a cabo
"Empezamos apoiando a mozos creativos, dándolles soporte e recursos, artellando un movemento en torno á creatividade, para que eses mozos non só creen actividades sociais e culturais, senón tamén actividades empresariais. O programa “Leñaverde” coordinou distintas acción para o desenvolvemento integral do territorio a través da creatividade, que cristalizaron na proliferación de asociacións xuvenís e culturais, grupos de fotografía, videocreación, música, así como cooperativas e ILES; a través das Concellerías de Cultura, Xuventude e Participación Cidadá, o Concello de Boiro artellou un proxecto cultural innovador e creativo que serviu de movemento e rede social de persoas, de imaxe de marca para Barbanza no exterior e de efecto locomotora para a defensa da creatividade e a innovación de cara ao interior”, sinalou a Concelleira de Xuventude, Dores Torrado Ares.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario