A responsable de Sanidade da Xunta, Pilar Farjas"No concello de Ribeira percibimos, claramente, as consecuencias dos continuos recortes en gasto sanitario: xa nos primeiros meses de goberno PP deixáronse de cubrir a baixas por vacacións ou enfermidade de persoal sanitario (médico e enfermería) nos centros sanitarios da comarca co conseguinte retardo e deterioro da calidade na atención. Nos vindeiros orzamentos para o 2012 a Xunta anuncia novas medidas que, ao igual que a inmensa maioría do colectivo de sanitarios e pacientes, consideramos intolerables porque provocarán maior deterioro da asistencia sanitaria: foi o propio presidenta da Xunta quen anunciou a intención de cobrar por "servizos non sanitarios" (alimentación, lavandería...) nos hospitais galegos, o que suporá de feito a introdución do co-pago na nosa sanidade pública.
Outras medidas anunciadas deste tipo serán tamén o cobro de 10€ pola tramitación da tarxeta sanitaria, o bloqueo da tarxeta a parados de longa duración, ou aos emigrantes que non teñan máis de 183 días empadroados no noso país, o pago adiantado de próteses dos enfermos ou o pago por transporte en ambulancias, etc... No caso da atención Primaria no concello de Ribeira, temos que lembrar o acordo plenario de 20 de decembro de 2010 no que, a proposta do BNG, se acordou por unanimidade "solicitar da Xunta de Galicia un novo Centro de saúde para Ribeira" dada a situación de saturación dos servizos que padece o actual. No orzamento para o 2012 non aparece ningunha partida para esta actuación pese á insistencia do BNG para incluíla. A estas medidas regresivas no ámbito do SERGAS temos que engadir os non menos graves recortes (redución dun 14% a respecto de 2011) no ámbito da Asistencia e Prevención de Drogodependencias levadas a cabo a través de programas xestionados polos Concellos ou por Asociacións que veñen prestando un inestimable labor neste ámbito", proseguen, ademais de convidar á cidadanía "a participar nas mobilizacións que promoven os diferentes colectivos cidadás de defensa da sanidade pública e a evitar a deterioración definitiva e irreversible da atención ao noso dereito máis básico: a saúde".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario