A Concellaría de Benestar Social do Concello de Dodro e a Asociación de Mulleres de Dodro Malvavila organizan un "Obradoiro de Masaxe Infantíl para Familias con Bebés".
Convídase a todas as familias interesadas a participar na sesión informativa, sen compromiso que terá lugar o sábado, 16 de xaneiro (11.00 h) na Escola Infantil de Dodro (A Paxareira).
As sesións (1 por semana) terán lugar o sábado pola mañá durante 5 semanas consecutivas. Para poder participar no obradoiro, as persoas interesadas deberán inscribirse para obter unha das prazas limitadas dispoñibles. O obradoiro estará a cargo da especialista Belén Piñeiro Álvarez, pedagoga e educadora de masaxe infantil
Nota: no caso de superar as prazas dispoñibles adxudicaranse por sorteo público.Contacto: Departamento de Servizos Sociais no 981 812 466
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario