- Foi o primeiro acto institucional de Manuel Ruiz Rivas como alcalde
- Entregáronse os trofeos de Campións de Liga en Infantil, Alevín e Benxamín
Con tal motivo, déronse cita na Casa do Concello dous membros da Federación Galega de Fútbol: o directivo Nelson Barreiro e o delegado de Santiago Quico Fernández, que se encargaron de facer entrega dos correspondentes trofeos a cada categoría, ao igual que o alcalde. Tamén estiveron na mesa presidencial o coordinador de fútbol base do club, Artola, e o concelleiro delegado de Deportes e Atención Cidadá, Juan Luis Martínez.
Na súa alocución, Quico Fernández destacou que esta é a primeira vez que a delegación santiaguesa da Federación desprázase ata unha localidade distinta á compostelá para celebrar un éxito deportivo. Salientou que equipos como o Sálvora van no bo camiño para que o fútbol de Ribeira volva ser unha referencia e regrese á élite.
Pola súa parte, Ruiz Rivas explicou que para el é unha gran satisfacción que o seu primeiro acto institucional como alcalde sexa para recibir a un club como o Sálvora, que practica un deporte que foi practicamente todo para el a metade da súa vida.
Así mesmo, manifestou que “o que marca a un pobo é a vontade de facer cousas sen esperar nada a cambio” e a este respecto quixo poñer en valor o labor desenvolvido por técnicos e directivos así como o sacrificio dos pais e nais, e salientou a importancia de apoiar o deporte base. Tamén declarou que “a verdadeira victoria do deporte son os valores que transmiten”, e puxo como exemplos o traballo en equipo ou o saber perder.
Manuel Ruiz informou tamén de que o Concello seguirá comprometido co mundo do deporte do municipio. O acto rematou cun intercambio de obsequios entre club e Concello.
Méritos
Noutro orde de cousas, os méritos acadados polo Sálvora son os seguintes:
Infantís:
- Campións de liga do grupo 8 de segunda infantil e ascenso a 1ª autonómica. Máximos goleadores con 154 goles e menos goleados con 11. Gañaron todos os partidos. (20)
- Campións de copa do Concello: máximos goleadores con 47 e menos goleados con 6. Gañaron todos os partidos (8)
- Campións supercopa do Concello.
- Non perderon partido oficial en todo o ano
Alevíns:
Sálvora B:
- Campións de liga do grupo IV de primeira autonómica. Máximos goleadores con 343 e menos goleados con 8. Gañaron todos os partidos (22).
- Campións de copa do concello: máximos goleadores con 108 e menos goleados con 2. Gañaron todos os partidos (8).
Sálvora A:
- Subcampeóns da supercopa do Concello.
Benxamíns:
- Campións de liga do grupo 5 de benxamíns. Máximos goleadores con 183 goles e menos goleados con 25.
- Campións de copa do Concello: máximos goleadores con 41 e menos goleados con 8.
- Campións supercopa do concello.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario