Noia, 29 de outubro de 2010. O escritor italiano Erri du Luca e o premio Cervantes Antonio Gamoneda clausuraron onte á tarde as xornadas de reflexión e diálogo "Camiño ao andar", celebradas no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) en Santiago de Compostela.
Sen lugar a dúbidas, o final da conferencia impartida polo poeta Gamoneda baixo o título "Creación estética de e sobre o Camiño: forma, iconografía, escritura", foi unha das partes máis reconfortantes para os membros da tertulia literaria de Noia, alcumada “Noia, porto de Compostela”. O poeta noiés Xoán Leiceaga B., autor de “Amores soñados, inalcanzables”, “Letras minúsculas”, “De temblores y grietas”, entre outras, formuloulle ao premio Cervantes unha serie de preguntas orientadas á explicación dos aspectos da súa obra que despertaron moito interese aos tertulianos ao longo da celebración das diferentes sesións literarias centradas na figura e obra de Antonio Gamoneda.Centro Galego de Arte Contemporánea A tertulia literaria noiesa é un clube de letura formado por un grupo heteroxéneo de letores: escritores, artistas, amas de casa ou filólogos que semanalmente se reúnen nun bar para comentar e analizar libros e artigos xornalísticos, sen pasar desapercibido o contexto social, cultural, económico e político do pobo a través dunha visión crítica do pasado, presente e futuro da vila de Noia.Vía Isabel Veiras Manteiga en Facebook
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario