Boiro, 28 de outubro de 2010. O Concello de Boiro formalizou onte pola tarde a adquisición do Pazo de Goiáns, un ben patrimonial con orixes nunha fortaleza medieval, ubicado nas proximidades da vila, en dirección a Escarabote. Deste xeito, ponse punto e final a unha década de negociacións, controversias e polémicas sobre os usos e as propostas de urbanización da enorme finca da propiedade. O arquitecto Emilio Piña avanzou os primeiros planos para a rehabilitación da finca e agora deberán decidirse os usos deste importante ben vinculado á historia deste concello do Barbanza. O alcalde de Boiro, o nacionalista Xosé Deira Triñanes, pronunciou este discurso no acto de escritura pública que tivo lugar onte:"Neste momento diría un clásico: “QUIA PLENA”, que non quere dicir “porque xa estaba chea, porque xa estaba farta” e ó mellor alguén podía pensar que viña ó caso, pero esta expresión non é un feminino singular senón un neutro plural e significa “porque xa todo está cumprido, porque o que se tiña que facer se fixo, porque hai pleno, é dicir, porque cumpríronse tódolos tramites para poder chegar a esta sinatura, Así é o sentido, e non é que esteamos fartos, senón “pletóricos” co noso deber cumprido; sen embargo sabemos que nos queda aínda un gran camiño por andar , e sabemos tamén que non é fácil.
Nas mandas testamentarias hai dúas clases de fincas e de casas, por un lado “fincas” a secas e “fincas raíces”; “casas” e “casas matrices”, unhas “téñense” ou posúense e outras “son da familia”, unhas posúas unha familia e outras están ligadas a unha familia, a un Nome, a un linaxe ou a un pobo; o Pazo de Goiáns, posuíra quen o posuíra, é de Boiro e representa unha parte importante da historia do noso pobo, é polo tanto unha “finca raíz” e unha “casa matriz” .
Esta parte da ría de Arousa, non é un lugar calquera, ou un anaco de terra mais da ría, senón que é unha terra ligada a un pobo, que a traballou, que a cultivou, que fixo dela a súa Patria pequena, a súa pequena Vila , e “a Vila dun non é unha Vila calquera”, senón que forma parte da nosa forma de ser e de pensar “o boi é de onde pace, pero o home é de onde nace. Vaiamos a onde vaiamos, sempre seremos boirenses e, de verdade, aquelas viaxes e camiños que nos alonxan do que somos, non levan a ningunha parte, só os camiños que nos axudan a encontrarnos a nós mesmos como persoas e como pobo, valen a pena e teñen posibilidade de futuro.
O pobo de Boiro, que humanizou estas terras, que formou parte da súa paisaxe e fraguou o seu destino, “golpe a golpe , paso a paso”, como di a canción, agora quere facerse cargo tamén de aqueles símbolos que ao longo da súa historia forxaron a nosa forma de ser. Utilizo as palabras fragua e forxa, precisamente porque non foi unha historia fácil senón dura, e o resultado foi un pobo con vontade de ferro que non ten medo ao porvir nin aos problemas, e o resultado aí está: un dos pobos máis puxantes da Ría de Arousa.
A nosa historia non é peor nin mellor que outra historia, pero é a nosa, na que nos configuramos como somos, e a adquisición deste Pazo non nos fai nin máis importantes nin máis mesquiños, senón simplemente “BOIRENSES” que queremos ser mellores como pobo e como persoas. Que este Pazo sexa un punto de encontro entre tódolos boirenses e que entre todos sexamos capaces de crear e recrear un futuro mellor.
Antes de rematar é de obrigado cumprimento pedir perdón por tódolos erros cometidos, e dar a grazas a Eroski e ós seus representantes pola paciencia demostrada, porque souberon comprendernos e prestaron a axuda suficiente para chegar a este momento; só pedirlle un favor: que parte deste capital o invistan en Boiro, é un pobo que non defrauda.
A partir de hoxe este Pazo e de tódolos boirenses, coidémolo como se fose de cada un nós, porque o é. Cando o visitedes, se escoitades algún canto especial, de paxaro ou do vento, pensade que, ó mellor, é de Xavier Cortés, que hoxe estaría moi contento de estar neste acto". Antes publicamos:
O xoves 28 de outubro asínase a escritura pública do pazo de Goiáns

Relacionadas:
Novos usos do Pazo de Goiáns, aquí
O que van ter que restaurar, aquí
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario