29.10.10

Boiro: Costas reparará un tramo dos colectores de Praia Xardín, que retomará a súa actividade o 18 de novembro

Boiro, 29 de outubro de 2010. O Concello de Boiro vén de solicitar a Costas do Estado en Galicia e á empresa Vías e Obras o arranxo de parte do colector recentemente instalado, concretamente un tramo duns 200 metros de lonxitude en Praia Xardín, xa que se detectaron problemas no mesmo.

O Concelleiro de Obras, Vías e Servizos, Juan Jesús Ares González, explicou que é preciso levantar o colector de saneamento neste tramo xa que, previo á posta en funcionamento, fixéronse unhas probas nas que se comprobaron que a inestabilidade do terreo nesta zona provocou un asentamento do mesmo, co cal as tuberías afundiron, quedan fóra de nivel.

Esta deficiencia pode provocar atascos no funcionamento da rede de saneamento, polo que se optou por levantar este tramo e adoptar as medidas correctoras para que isto non suceda. “Hai un tempo que coñecemos o problema, pero o goberno optou por deixar pasar a época estival para proceder a solucionalo, xa que mentres duren as obras hai que eliminar estacionamentos”, apuntou o Concelleiro. O goberno lamenta as molestias que poidan provocar estas obras, “pero o que non podemos facer é recepcionar unha obra defectuosa”, concluíu Juan Jesús Ares.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical