- “Asumo o escano coa responsabilidade e a ilusión de traballar por Galiza, pola provincia de A Coruña e a miña comarca do Barbanza”, sinalou a deputada do BNG
Madrid, 9 de outubro de 2012. Rosana Pérez Fernández xa é desde esta tarde, a nova deputada do BNG no Congreso por A Coruña. Escano que asumiu en substitución de Francisco Jorquera.
Nada máis iniciarse a sesión plenaria desta tarde, o Presidente da Cámara dirixiuse a Rosana para preguntarlle se “xuraba ou prometía o escano en substitución de Francisco Jorquera”, ao que a parlamentaria do BNG respostou “si prometo”.
Rosana Pérez afirma “asumir o escano coa responsabilidade e a ilusión de traballar por Galiza, polo territorio de A Coruña, e tratarei con especial cariño á miña comarca do Barbanza”.
Olaia Fernández Davila e Rosana Pérez son a representación do Bng en Madrid
A deputada do BNG asegurou que “cumprirei coa miña responsabilidade de trasladar ao Congreso os problemas e as demandas dos nosos sectores produtivos e dos galegos e das galegas”. Afirmou sentir “un enorme orgullo de poder desenvolver o traballo político do BNG nas Cortes do Estado”.
Traxectoria
Nada en 1964, Pérez Fernández estudiou ciclo superior de FP de Administración e é funcionaria da Consellería de Educación no Instituto Número 1 de Ribeira. Militante do BNG dende 1987, a nova deputada foi portavoz municipal do BNG dende 1999 e diputada provincial entre 2007 e 2011.
No BNG foi membro da Executiva ata a última Asemblea de xaneiro de 2012 e forma parte do Consello Nacional. Ocupou funcións de responsable de Relacións Exteriores e a Responsabilidade de Comunicación.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario