O Plan de Ordenación do Litoral semella a cruz que lle caeu este ano á Pobra, polas continuas leas que xera entre os políticos
A Pobra do Caramiñal, 6 de agosto de 2010. O Plan de Ordenación Litoral deste concello segue a ser motivo de conflicto entre o goberno do PP e a oposición. Desta volta, é o Psoe o que presenta unha iniciativa "para que o Alcalde da Pobra nos facilite toda a documentación relativa a exposición pública do Pol. Continúa poñendo atrancos á nosa labor de oposición e das persoas que queiran alegar ao POL", explica María Teresa García Guillán, concelleira e secretaria xeral do Psoe municipal.
"Non entendemos o escurantismo e falta de transparencia da que fai ostentación o señor Maceiras, que volve estar ausente, sendo incapaz de xestionar os intereses dos veciños, que lle pagamos mensualmente. Reclamamos un alcalde que xestione e non soamente faga actos propios de reximes
autoritarios como foi pedir a dimisión da oposición. Pedimos que sexa consecuente do que para el foi unha xestión da oposición nefasta, e non se volva agochar como o fixo anteriormente. É máis, en aras dunha xestión transparente convoque a oposición cos técnicos do Concello", reclama García Guillán.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario