A Pobra, 30 de outubro de 2011. Para pechar o mes de outubro, no que tiveron lugar as xornadas de homenaxe a Valle Inclán, a Asociación Amigos do Museo Valle-Inclán ten a ben convidar a todos os veciños da Pobra a participar dunha festa magosto que se vai celebrar este luns día 31 a partir das 20:00 h. na praza Maura e rúa Unión, acontecemento que ademais pecha a sucesión de actos de homenaxe a Valle-Inclán que neste ano 2011 ven de celebrar a XIII edición.
No evento, no que colaboran os hosteleiros da zona, o concello e dúas empresas particulares, poderemos gozar da degustación de castañas asadas regadas pola tradicional queimada acompañados en todo momento polo dúo de gaitas “Malvasía” de Ribeira, encargados de ambientar a zona con música tradicional. Serán os membros da Asociación Amigos do Museo Valle-Inclán, presidida por Paola García Paz, os que se encargarán de facer o reparto de castañas e queimada entre os que se acheguen a disfrutar do acontecemento.
Pode que tamén lle interese:
- A Pobra: Cómplices musican a Valle Inclán
- A Pobra do Caramiñal: curso de turismo accesible, do 8 ao 10 de novembro
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario