O primeiro mercadillo en Pazo cumpre un ano o 6 de febreiro Pide: 1.- Facelo todos os venres do mes.
2.- Permitir a instalación de maior variedade de produtos
3.- Abrir dunha vez o párking público.
(Nota íntegra do Bng rianxeiro) 1 de febreiro de 2010.- O BNG de Rianxo reclama do executivo local que adopte unha serie de medidas para relanzar o mercadillo que cada quincena se desenvolve no Campo de Pazos en Taragoña. Dos sesenta postos inicialmente dispoñíbeis a penas media ducia se están a ocupar, polo que pensamos desde o BNG necesario estimular, promover e difundir este novo espazo comercial que corre un serio risco de estancarse e deixar de ser atractivo.
O concelleiro do BNG taragoñés Xoán Vicenzo Cés recibiu demandas dos veciños para que entre outras, o mercado se realice todos os venres, pois xenera despiste entre os usuarios e considera preciso fidelizar á clientela. Saber que todos os venres hai mercado sería unha medida positiva para clientes, comercios do lugar que se benefician do tránsito e os propios ambulantes.
Fotos de Diego Romero
Outro dos aspectos a considerar é a mercancía que se pode vender pois a venda de algúns produtos non está permitida o que resta afluencia de comerciantes e clientes. A diferenza de Rianxo, onde hai praza de abastos cubrindo a oferta de perecedeiros, isto non acontece en Taragoña polo que axudaría a darlle maior relevancia ao mercado de Campo de Pazos ao ampliar a nómina de mercadorías para vender e permitir instalarse a máis comerciantes.
Por último faise máis que nunca preciso instar ao Alcalde a a que se remate a obra do parking, con varios anos de atraso e que debería estar rematada e aberta tras o último impulso do Plan Estatal do 2009. O ano rematou e os proxectos deberían estar listos para o seu emprego por todos os veciños, especialmente os de Taragoña.Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario