A Pobra, 5 de marzo de 2012. A Asociación Madoan (Mulleres en Igualdade) da Pobra do Caramiñal, con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora que se celebra o día 8 de marzo, vai facer unha exposición e unha charla sobre a mítica actriz de Hollywood, Marilyn Monroe.
A exposición inauguraráse o xoves 8 de marzo na casa da cultura Raquel Fernández Soler ás 20:00 horas. Trátase da exposición “Elas fan camiño” que a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia emprestou ata o 31 de marzo.
Esta exposición é un percorrido polas mulleres que participaron no camiño de Santiago, mulleres peregrinas ao longo de moitos séculos.
Polo visto, as primeiras mulleres en interesarse no Camiño foron as raíñas, que acompañaban aos seus consortes cando ían a rezar ante o suposto sepulcro de Santiago implorando a victoria nas batallas contra os mouros que ocupaban boa parte do territorio hispano. Raíñas e nobres foron quenes máis contribuiron ao desenvolvemento do camiño, coa fundación de hospitais e albergues.
A primeira peregrina galega coñecida foi Egeria, era problamente de orixe nobre. Hai poucos datos desta muller, pero é evidente que se tratóu dunha muller audaz para a súa época e sumamente relixiosa -aínda que sexa paradoxal isto-. Percorrer os vastos e perigosos territorios do Imperio, para peregrinar ata os Santos Lugares onde supostamente transcurrira a vida de Xesucristo, non era tarefa doada naqueles intres.
Cada vez vense máis mulleres en grupo ou en solitario facendo o Camiño. Son cada vez máis independentes e se lles apetece facer o Camiño, póñense en marcha e non agardan a ter compañía.
En canto á charla sobre a actriz de USA, titulada "Marilyn, ni rubia ni tonta", será este venres 9 de marzo no Auditorio do Museo Valle-Inclán. Esta charla estará impartida polo peridodista e presidente do club Exxpopress, Suso Souto, que xa a estreou en Boiro. A Asociación Madoan quere agradecer a Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, concello da Pobra do Caramiñal e o Club Exxpopress a súa colaboración con esta asociación.
Certo, xornal dixital de Barbanza e Noia
OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!
http://www.certo.gl
http://certo.posterous.com
http://www.flickr.com/photos/certo/
http://xornalcerto.blogspot.com
http://twitter.com/Certo
http://friendfeed.com/certo
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario