Noia, 5 de marzo de 2012. O Concello de Noia vén de formular alegacións ao Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia, ao non contemplar dito Plan, actuación algunha dentro do termo municipal.
O citado Plan divide a provincia de A Coruña en tres áreas funcionais: A Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol. A área funcional de Santiago de Compostela inclúe a comarca de Noia que abrangue os concellos de Noia, Porto do Son, Lousame e Outes. Dentro da comarca, Noia é o único concello que na actualidade conta con polígono industrial. Trátase do Polígono Industrial de Agualevada, promovido no ano 1994 polo IGVS, cunha superficie bruta de 78.660 m2 (neta de 48.625 m2), e cunha dispoñibilidade actual de parcelas libres de 2.221 metros cadrados de superficie neta. Polo tanto pódese considerar que o único polígono existente na actualidade na comarca atópase esgotado.
O Concello de Noia considera que, as propostas incluidas no Plan Sectorial para a nosa comarca, con actuacións en Lousame, no lugar de Fontefría cunha superficie bruta de 118.685 m2 de iniciativa particular, así como a contemplada no Porto do Son de 345.170,56 m2 brutos a promover polo propio IGVS, non resolven as necesidades que Noia ten nesta materia.
As alegacións fundaméntanse en tres piares:
Nas determinacións contidas nas Directrices de Ordenación do Terriorio, que establecen para os nodos do sistema urbano intermedio, do que Noia forma parte, o pontenciamento dunha serie equipamentos e infraestructuras entre as que destaca a creación de solo empresarial, a fin de potenciar o papel territorial destes nodos urbanos.
O esgotamento do actual polígono Industrial de Agualevada do que só hai dispoñibles, a día de hoxe, 2.221 metros cuadrados.
A ampliación de dito polígono, contamplada no Documento de Inicio do PXOM en plena tramitación, que delimita para o mesmo unha superficie aproximada de 160.000 metros cuadrados
En consecuencia as alegacións formuladas solicitan expresamente que a ampliación do Polígono Industrial de Agualevada, contemplado do Documento de Inicio do futuro PXOM, sexa incluida como actuación a desenvolver no citado Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia.
Noia: Cruz Vermella organiza varios cursos relacionados co sector sanitario post.ly/5n3lY
Noia: a II Aula de Saúde remata en abril. O xoves 8 de marzo, a seguinte
Certame de relatos: do Liceo de Noia. 1.000 euros de premio
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario