Ribeira, 5 de marzo de 2012.- Continúan as actuacións encamiñadas a renovar o barrio de Abesadas: o Concello acaba de adxudicar unha nova actuación consistente na instalación e mellora de servizos de saneamento e pavimentación no entorno da Casa da Xuventude.
Concretamente, a zona de actuación está delimitada polo camiño (actualmente de terra) que separa o mencionado inmoble de titularidade municipal do Colexio Galaxia e, un pouco máis adiante, descorre entre este centro educativo e o edificio no que está enclavada unha coñecida cadea de supermercados, para desembocar finalmente no parque de Abesadas.
O proxecto abrangue a instalación dunha nova rede de pluviais e o reforzo da rede de auga potable xa existente. Ademais, construirase un pavimento de formigón impreso para mellorar o tránsito peonil.
A obra foi adxudicada a Obras y Viales de Galicia, S.L. (Oviga) por un prezo de 46.604 euros. Adscríbese ao canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo municipal de augas.
Ribeira: mesa redonda este venres 9 de marzo baixo o epígrafe "A muller no século XXI" post.ly/5n2mn
— Certo (@Certo) March 5, 2012
Día da Muller Traballadora: o 8 de marzo, homenaxe ás perruqueiras
Tráfico: nova ordenación en Abesadas
Casa da Xuventude: hai programa cultural para seis meses alomenos
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario