
Peirao do Marqués (de Monroi) hacia 1900Noia, 29 de xuño de 1850. "O Marqués de Monroi, unha vez observado que atracan aos pedrousos deste distrito de mariña as embarcacións de Muros e Noia, con preferencia a outro punto e visto as dificultades que a pesar diso se presentan polo embarque e desembarque de mercadorías e aínda de persoas, ao obxecto de aliviar as penurias da mariñeiría e xente que se adica ao tráfico por mar, cre que o máis útil será construír un peirao no referido punto. Tendo en conta o difícil e custoso desta construción comprométese a efectuala, coa condición de que os donos das embarcacións conducisen ao lugar designado dúas ou tres barcadas de pedra. Máis tarde este peirao construirase e en memoria deste filántropo coñecerase dende entón e ata a data como "Peirao do Marqués". (Tirado de "Efemérides noiesas", libro de Agrelo&Hermo)
Marqués de Monroi. O 8 de abril de 1891 fixo testamento en Cáceres. Por el funda un establecemento benéfico concedendo para iso a casa que posúe no Campo das Rodas e posesións adxacentes, así como unha cantidade en metálico que determinaron os testamentarios. Pasou moito tempo até que a Fundación Monroi comezou a funcionar, unida ao Hospicio que xa en Noia sostiña o Concello, por diversas causas. En 1923 abríronse aos nenos e anciáns pobres as portas do Asilo Municipal que ten vida grazas ao corazón do Marqués de Monroi. Tivo dous irmáns: don Diego, Marqués de Aneiros, e don Eliseo, que era o máis ilustrado e aristocrático deles, cuxos restos mortais xacen no panteón que está á dereita da entrada da Porta Santa da Catedral de Santiago, coa súa correspondente inscrición e escudo de armas".


Os marqueses de Monroi teñen sepulturas tamén en NoiaPunto final? Pode que non. Atopamos na Wikipedia portuguesa que o usuario Fernando Sá Monteiro é "membro do Instituto Português de Heráldica, da Academia de Letras e Artes, da Academia Portuguesa de Ex-Líbris, da Sociedade Martins Sarmento, do Instituto da Democracia Portuguesa, da Associação Online de Autores de Genealogia em Português, da Academia Brasileira de Genealogia, da Associação dos Amigos da Torre do Tombo, do Círculo Dr. José de Figueiredo, da Associação da Nobreza Histórica de Portugal, etc.
É hoje, com seus irmãos, representante [em termos historico-genealógicos] dos antigos Marqueses de Monroy, como descendente (3º neto) de Doña Maria de los Dolores Monroy y Gonzaléz, filha natural e única representante do Xº Marquês de Monroy, Don Diego Varela y Abraldes de Monroy (falecido solteiro e sem outra descendência além daquela filha, havida em Josefa Gonzaléz) e do seu tio e irmão daquele, o XIº Marquês de Monroy, Don Juan Maria Varela y Abraldes de Monroy (falecido igualmente sem qualquer descendência, legítima ou ilegítima), Senhores do castelo e vila de Monroy, Senhores do palácio dos Monroy na rua do Vilar, em Santiago de Compostela, do palácio Monroy na cidade de Placencia, da Casa ("Quinta Hermosa") da vila de Noya, do palácio Monroy na cidade de Cáceres, senhores donatários da vila e Morgado de Guimaráns e de mais 90 morgadios que se espalhavam pela Galiza, Cáceres, Placencia, Trujillo, Madrid, das capelas, mausoléus e sepulturas dos seus antepassados na Catedral de Santiago de Compostela, nos cemitérios de Noya, Cáceres e outras cidades, etc".
Como lles quedou o corpo? Interesante verdade?
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario