"O martes 1 de xuño miro a prensa, coma cada día, e atópome cunha nova publicada en “La Voz de Galicia” que me sorprende. Descoñezo, despois de leela, se a nota de prensa foi redactada polo Partido Popular de Dodro ou pola que se dí a súa autora, a Asociación Xuvenil, Cultural e Recreativa 7 de xuño de 1836 de Dodro, pola súa falta de imparcialidade.
Efectivamente, tal e como comunican na noticia, esta asociación remitiulle escrito o pasado 16 de abril a todos os voceiros dos grupos municipais do concello para propoñer unha reunión de ditos voceiros municipais coa asociación e acordar un programa digno na celebración, para o ano 2011, do 175º aniversario da fundación do noso concello.
Desafortunadamente é no único que podemos concordar do publicado en prensa. Como concelleiro de Cultura e Patrimonio non vexo ningún tipo de relación entre dita celebración e aproveitar a visita dun académico para pedirlle que teñan en conta a figura do noso poeta Eusebio Lorenzo Baleirón no debate para a decisión de outorgarlle a homenaxe do Día das Letras Galegas para o ano 2011. É máis, dende a concellaría de Cultura pensamos que é a nosa obriga deixar fóra de toda loita política e fóra de calquera polémica a figura de Eusebio. Non facelo así seria unha irresponsabilidade. Como tamén o sería supeditar o acordo con dita asociación á realización das actividades culturais que realiza esta concellaría.
Creo, sinceramente, que dende o concello de Dodro, sempre que estivo na nosa man e nolo pediron, axudamos a esta e a todas as demáis asociacións do concello. Tanto é así que solicitaron ser incluidos no convenio co concello para o uso de locais municipais e aprobámolo en Xunta de Goberno Local en menos de quince días. Así como solicitaron facer uso dun local municipal antes incluso de dar traslado do citado convenio para disfrutalo o mesmo día que fixeron a solicitude. E disfrutárono sen problemas.
Non teño ánimo de polemizar con dita asociación, pero estásenos acusando de usurpar ideas cando, a día de hoxe, este concello non ten coñecemento de que dita asociación desenvolvese nin a primeira actividade cultural no noso concello. Si sabemos dunha deportiva, a través dos carteis que vimos na rúa, sen comunicación ao concello da mesma, mais figurando o logo do concello no cartel anunciador e estando prevista realizar dita actividade nunhas instalacións municipais que tampouco se solicitaron.
En calquera caso, ao seu debido tempo, convocaremos unha reunión con todos os grupos políticos con representación municipal e con todas as asociacións do concello activas para tratar este asunto, non pretendendo, en ningún momento, celebrar en solitario o 175º aniversario da fundación do Concello de Dodro e si querendo implicar tamén a toda a sociedade civil do noso concello".
Relacionado:
Buscan que un académico da Real Academia Galega propoña a Eusebio Lorenzo Baleirón como homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2011
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario