Vou colgar, que estou moi ocupado...
Dodro, 2 de xuño de 2010.- Segundo informacións dos veciños e veciñas do concello de Dodro, estes días están chamando a numerosas vivendas deste concello para facer un estudio sociolóxico. Esta enquisa, de entre 25 e 40 minutos de duración, é, na súa parte final, unha enquisa electoral municipal.
Dende o Concello de Dodro aseguran que "nada temos que obxectar a que se fagan este tipo de traballos, perfectamente legais, pero por chamadas que temos recibido de numerosos veciños e veciñas, fáisenos obrigado aclarar:
- O Concello de Dodro non é o promotor da mencionada enquisa; non encargou o traballo, nin o paga, nin sabe quen é o responsable do traballo.
- O Concello de Dodro, obviamente, non vai ter acceso a eses datos, nin coñece tampouco quen vai a usalos nin o uso que lle vai a dar.
- Non coñecemos a empresa autora do estudio xa que non se presentan no momento de realizar a enquisa e ademáis, sendo telefónica, faise dende número privado (oculto), polo que tampouco podemos acreditar se é ou non un estudio serio, riguroso e que manteña a confidencialidade das respostas".
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario