Velaí,
onde naceran os ollos
da flor de namorar,
o sepulcro da miña ollada.
Decapitado o día,
só o faro compensa na noite
o silencio afogado dos peixes
no viveiro da morte.A imaxe mostra o impacto da "piscifactoría", de capital noruegués, autorizada no derradeiro consello da Xunta de Fraga, e que estragou para sempre un dos máis senlleiros espazos naturais na beiramar da Galiza, o do cabo Vilano, na Costa da Morte.
O Corgo está en Ribeira e aseméllase moito a esta zona que denuncia o escritor Manuel Rivas no seu blog "O máis estraño. A boca da literatura".
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario