2.6.10

Cinema: curtas de colexios destas bisbarras reciben premios e promocionan internacionalmente o turismo

Barbanza-Noia, 2 de xuño de 2010. No instituto ribeirense de Coroso xa comezan con producións internacionais e, de paso, difunden o noso patrimonio polo mundo adiante. En "The Orco Case" rodan nas dunas e no faro de Corrubedo, no dolmen de Axeitos, en Olveira, no peirao de Ribeira, con lonxa incluída e tamén no castro de Baroña. Son deudores, nos títulos de crédito, de películas de James Bond ou mesmo Os Anxos de Charlie e na estética dos personaxes poderíamos lembrar a Tarantino ou, se nos poñemos estupendos, aos Men in Black de Barry Sonnenfeld.
Mais, cal é o motivo desta película? Explicarlles a rapaces de Herne, en Alemania, como é Barbanza. Conseguírono? Miren vostedes mesmos o resultado:
</object>

The Orco Case conta cunhas tomas falsas divertidísimas (what a level, guys!)

</object>

Por outra banda, en Noia, no colexio María Asumpta, están a trunfar coa curta titulada "Paramnesia", unha realización de alumnos de cuarto da ESO (rapaces de 15 anos). Na Festa da Lingua que organizou a federación de colexios concertados foi nominada en cinco categorías e acadou o premio ao mellor guión e realización, así como unha mención honorífica pola mellor música orixinal. O argumento xoga co déjà vu, unha idea mil veces explotada no cinema -Memento é unha das máis celebradas nos últimos tempos- e na literatura. Se teñen dez minutos, non se perdan:
</object>

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical