- O Trofeo Verónica Boquete á mellor xogadora feminina da Copa Sálvora recaeu en Inés Faro Gómez, xogadora Alevín do Vila de Corpus
Ribeira, 6 de xuño de 2012. Logo dunha fin de semana trepidante con máis de 24 horas de fútbol en estado máximo, na tarde do domingo decidíronse os novos campións da Copa Sálvora 2012.
O C.D Boiro levouse o gato á auga na categoría alevín. O club boirense amosouse superior a todos os seus rivais, agás na final contra o Vila de Corpus, donde o equipo de Ponteareas non llo poría nada doado pero ao remate do tempo reglamentario o equipo boirense gañou por 3-2.
Na categoría Benxamín a S.D Abanqueiro gañaría nun partido moi disputado ao Sálvora C.F. O equipo franximarelo adiantaríase no marcador logo dunha boa xogada e espectacular definición. Empataría o Abanqueiro mediante un maxistral lanzamento de libre directo. Xa na segunda parte o equipo azulón superou ao rival no marcador, con outro lanzamento de falta que subiría o definitivo 2-1 ao tanteo final.
Na menor das categorías, o Cordeiro C.F levaríase o campionato por 2-4 fronte ao Vila de Corpus, nunha final con moitas oportunidades para ambos conxuntos e donde gañou aquel que estivo máis acertado cara o gol.
No apartado de premios individuais, o trofeo Alberto Villaverde ao mellor porteiro foi para Sergio Rey do Sálvora na categoría Prebenxamín, Lois Romero da Sd Abanqueiro na categoría Benxamín e David Bonenfat do CD Boiro na categoría alevín.
Como máximos goleadores Alejandro Comparada do Cordeiro con 19 goles en Prebenxamíns, Jesús Ares da Sd Abanqueiro con 9 goles en Benxamíns e Nicolás Rodríguez con 9 goles do Vila do Corpus en Alevíns.
Por último, o Trofeo Verónica Boquete á mellor xogadora feminina da Copa Sálvora, recaería en Inés Faro Gómez, xogadora Alevín do Vila de Corpus. Inés demostrou ao longo do torneo unha exquisita calidade técnica, un bo xogo no colectivo e un gran liderazgo dentro do equipo.
Para máis información consultar a páxina web do torneo: www.copasalvora.com ou tamén en www.copasalvora.blogspot.com ou en Facebook: Copa Sálvora Futbol Base.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario