- Contarán coa presenza de Javier Dorado, presidente de NN.GG a nivel nacional español
O vigués Javier DoradoRibeira, 29 de xullo de 2011. O mesmo día que se anuncian as eleccións xerais para o 20 de novembro deste mesmo ano, Novas Xeracións de Ribeira infórmanos de que este sábado 30 de xullo organizan unha campaña de afiliación a esta entidade xuvenil conservadora. Será na avenida do Malecón, entre o palco de pedra e Capitanía Marítima, entre as 12 do mediodía e as dúas da tarde. O eslogan escollido para afiliar a mozos ás Novas Xeracións do PP é "Seguimos xerando ilusión". Estará nesta actividade partidista o presidente da xestora provincial de NN.GG. e destacados membros do Partido Popular de Ribeira, onde a dereita colleitou unha clara maioría absoluta nas últimas eleccións municipais do 22 de maio. Tamén estará o presidente nacional de Nuevas Generaciones, o galego Javier Dorado, nun acto onde, ademais de poderse afiliar in situ e obter a camiseta de Novas Xeracións, haberá animacións destinadas aos máis mozos. Tamén contarán cun stand no que se poderá ver un resumo do traballo desta entidade xuvenil, e onde se fará fincapé nas campañas para promocionar o comercio local e a movida da Centenaria.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario