- Foron presentadas esta tarde no Auditorio Municipal
- É unha tradición que busca realzar as festas do verán
- O 7 de agosto ás 7 da tarde serán coroadas oficialmente
Ribeira, 27 de xullo de 2009. – Representando ás nove parroquias do municipio, un total de 18 Raíñas da Flor (9 no apartado Xuvenil e outras tantas en Infantil) realzarán coa súa presenza as Festas de Verán de Ribeira que darán comezo o vindeiro mércores. Hoxe foron presentadas no Auditorio Municipal polas concelleiras de Cultura e de Parque Natural e Medio Ambiente, Elvira Pisos e Elvira Pereira (esta última ten competencia na área de Parques e Xardíns), así como pola presidenta da Asociación de Amas de Casa, Magdalena Bringas, e unha representación da Comisións de Festas.
Tal e como foi resaltado na presentación tanto por Elvira Pisos como Magdalena Bringas, este ano non haberá Raíña das Festas nin damas de honor, o que propiciará que estas 19 Raíñas se erixan grandes protagonistas das festas coa súa beleza e ilusión.
As nenas terán o seu gran momento coa súa coroación na Praza de Otero Goyanes o domingo día 7 de agosto ás 19 horas, acto que precederá ao gran desfile de carrozas no que as rapazas estarán acompañadas polos espectáculos Cabarédeambulante de Femme Fatale e Bloqnho de Percusión de Aperta.
Tamén está prevista unha recepción oficial polo alcalde, Manuel Ruiz Rivas e mesmo estarán presentes na procesión marítima, aínda que con traxe galego por non estar aínda coroadas.
No apartado Xuvenil, as Raíñas de Flor son Lucía Gómez Pazos (Aguiño), Ana Dosantos Blanco (Artes), Lara Lorenzo Lustres (Castiñeiras), Loli Prego Prego (Carreira), Irene María Calo Franco (Corrubedo), Saray Santos Alonso (Olveira), Ángela Fernández Bello (Palmeira) Pura Ageitos Mos (Oleiros) e Sara Ageitos (Santa Uxía de Riveira).
No apartado Infantil, representarán ás distintas parroquias: Natalia Mariño González (Aguiño), Andrea Olveira Vila (Artes), Carla García Campaña (Castiñeiras), Marta Paz Pazos (Carreira), Yudit Sobrido Quintela (Corrubedo), Andrea Ageitos Rey (Oleiros), Saray Martínez Rama (Olveira), Lucía Miranda (Palmeira), e Aitana Cadabal (Santa Uxía).
Xardíns
Merece ser destacado tamén o apartado de Xardíns, apartado en que os elixidos foron: Josefa Muñiz Castro (Aguiño), Manuel Vilar Vilar (Castiñeiras), Josefa Sampedro García (Carreira), rúa do Medio (Palmeira), Ángeles López Pego (Olveira), Mª Carmen Dios (Artes), a praza pública de Oleiros da Igrexa (Oleiros) e veciños da rúa do Barbanza en Santa Uxía.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario