2.10.09

Turismo: Arousa Norte participa no xogo virtual Travel in Europe

Levan tres anos co asunto. Neste mes preséntase "Travel in Europe", un xogo para que o turista poida transitar, a través da Rede, os catro municipios que compoñen esta Mancomunidade: A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribeira e Boiro. Por suposto, o que participe tamén poderá ollar comarcas doutros sete países que están neste allo de promover e divulgar o patrimonio cultural e turístico.

Segundo se pode observar na web de referencia do proxecto de xogo, o peso da tecnoloxía do xogo lévaa Italia, en concreto o profesor De Gloria, da Universidade de Genoa (Génova). A exhibición do xogo nesta bisbarra terá lugar o 10 de outubro en Rianxo, na emblemática praza Rafael Dieste e no Pazo do Martelo ás once da mañá. Arousa Norte acaba de subirse ao Facebook, logo de facelo cos seus bonos gastronómicos ao MySpace, e dende o seu perfil anuncia e promociona esta actividade. 

Nesta actividade participarán centros educativos de Arousa Norte, con alumnos entre 14 e 18 anos. 

No xogo poderase ver a recreación en 3D das dunas de Corrubedo en Ribeira, do edificio do Museo Valle-Inclán de A Pobra, da ruta das mámoas de Boiro e da rúa de Abaixo de Rianxo (onde están as casas de Castelao e Rafael Dieste). Tamén hai un roteiro pola ría de Arousa, coas illas que a conforman e coa súa característica paisaxe de bateas.

http://tieproject.eu (hai máis idiomas que o inglés na UE, que saibamos. Menos mal que o xogo está en galego)

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical