Sabía que tal día coma hoxe saíu do prelo o primeiro número da revista quincenal CHAN, dirixida desde Madrid polo xornalista Borobó?
Borobó tivo unha fonda relación con Boiro. De feito, foi nomeado fillo adoptivo deste municipio.
É unha mágoa que esa revista aínda non estea dixitalizada. Pode que deste fío de conversa no blog "As uvas na solaina" algún político deses que manexan os nosos cartos dos impostos (cartos públicos) tire algunha idea do que facer...
Estou interesado, señor Valcárcel, na revista "Chan", que coñezo só de oídas. ¿Podería fornecerme dalgunha información sobre ela? Se lle resulta engorroso ou lle parece inapropiado metela aquí, pode mandarma ao meu enderezo electrónico. Agradézollo.
E por que non haberá un alma caritativa que escanee todas esas revistas e as colgue na rede? Por que non temos unha biblioteca "nacional" ou o que queiran galega que faga este labor? Por exemplo, números atrasados de Chan, de Teima, as vellas de ANT, as publicacións en galego da diáspora, etc, etc.
En Cataluña Google Books e a Generalitat chegaron a un acordo para poñer todos os fondos antigos da Biblioteca Nacional de Catalunya en Internet.
Para Leituga: de CHAN, a revista de Borobó, hai unha referencia naGran Enciclopedia Galega. Publicouse entre 1969 e 1971 e nela publicaron varias xeracións de autores: xentes como Ben-Cho-Shey, Ferrín, Blanco Amor, Carballo Calero, Fdez. Ferreiro, Paz Andrade, Otero, Freixanes, Rábade Paredes e Perfecto Conde. Era ilustrada, con moitas fotos, mesmo a color, e bilingüe, con maioría en castelán. Tiña seccións de humor gráfico de Siro López, Tomé e Lavandeira.