8.1.13

Poesía: Vilagarcía acubilla este venres, 11 de xaneiro, o seguinte torneo poético Slam Arousa

Slam

  • Na cervexaría Gäel, dende as 22:00 horas

Barbanza, 8 de xaneiro de 2013. O torneo de recitado poético Slam Arousa prosegue a súa andaina. De Taragoña (Rianxo), a Ribeira, e de alí a Boiro para cruzar desta vez a ría de Arousa e facer parada en Vilagarcía este venres, 11 de xaneiro, na Cervecería Gäel, onde todos os participantes recibirán un pequeno agasallo por conta do local. Slam Arousa busca en Vilagarcía novos poetas, novos públicos e un novo finalista que se sume a Pedro Campos, Ramón Blanco e Celia Parra para competir, en marzo, na Illa de Arousa. O gañador desta finalísima, viaxará subvencionado a Madrid para participar no Poetry Slam estatal no que recitan versos todos os gañadores dos slams espallados por toda a xeografía española. Esta final estatal, será, seguramente, no mes de abril.

O torneo está a ser organizado e presentado pola actriz e dramaturga, actual directora do grupo de teatro Airiños,  Esther F. Carrodeguas, que leva adiante esta iniciativa itinerante por toda a ría de Arousa. É unha acción cultural que pretende espallar a poesía e a creatividade local e dar a conocer a poetas da zona, e a partir da cal, por exemplo, xurdiron proxectos como a colaboración de Carrodeguas con Ramón Blanco na presentación este mesmo xoves de Emily on the Road, de Ramón Blanco na EOI de Vilagacía.

Sobre o fenómeno slam en Galicia xa se fixo eco incluso o portal do Consello da Cultura Galega en http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=21856

Curricula dos anteriores finalistas

Pedro Campos: a pesar da súa curta idade, xa tivo tempo de gañar nos anos 2011 e 1012 o certame literario da súa vila, o Ramón Martínez López, e quedou tamén en segunda posición no certame Xela Arias (A Guarda). Polo de agora, publicou o poemario Hipóteses, teoremas, drogas, estados de ánimo e outros remedios naturais para combater a tose" polo IES Praia Barraña, e en La Voz de Galicia o relato "Cando les un destes libros" (http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2011/12/16/0003_201112B16C9993.htm), co que fixo tamén a curta ()
---

Ramón Blanco naceu en 1979. Criouse en Cando (Outes) e alí vive. Aos dezaoito anos uniuse ao Colectivo Literario Sacou, de Noia, co que participa en diversos proxectos artísticos e culturais. Publicou os primeiros poemas nas revistas A Caramuxa (voceiro de Sacou) e Casa da Gramática (do IES Virxe do Mar, onde estudara). No 2005 apareceu o seu primeiro libro individual, Orfeu en soños, na editorial Toxosoutos. Vén de publicar o seu novo traballo poético: Emily on the road, en Acha Escrava editora, co que agora mesmo está de xira-presentacion pola comarca e fora dela (Este mesmo xoves en Vilagarcía). Mantén o blogue www.aoutrabanda.blogspot.com.

---
Celia Parra naceu en Ourense, no ano 90 e é Licenciada en Comunicación Audiovisual. Merecedora dos premios Ánxel Casal, 3º premio Minerva en dúas edicións, 3º premio Xuventude Crea de poesía, Premio María Mariño, Premio Avelina Valladares, do cal se publicou o seu primeiro poemario: No berce das mareas. Participou en varios recitais colectivos ("A porta verde do sétimo andar", jam session dos "Picaversos", co colectivo Salsipuedes de Pamplona ó que pertenze...). Escribe e fai audiopoemas e videopoemas publicados no seu blog: abroparentese.blogspot.com. Colabora como "opinadora" no portal Letra en Obras.
Xa está tamén editado o seu primeiro CD con audiopoemas, a maioría están sacados de "Código Morse", o seu 2º poemario. Trátase de recitado con bases musicais que ela mesma compón e mestura. O CD, de título Re(c)Verso, estará na rede, na plataforma brandcamp para a súa libre descarga,. Este mesmo Celia fará unha presentación do mesmo en Santiago de Compostela.

Relacionada:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical