- O alcalde prometeu unha "Semana do Mar" o vindeiro ano para promocionar produtos pesqueiros
Ribeira, 1 de setembro de 2011.– O Salón de Plenos da Casa Consistorial acolleu esta mañá unha entrega de diplomas aos 21 locais hostaleiros e 6 establecementos comerciais que estiveron implicados no desenvolvemento da Quinta Feira Artesanal e Mariñeira: no primeiro caso a través da ruta de tapeo mariñeiro e cócteles do evento e, no segundo, no concurso de escaparates decorados con motivos mariñeiros. Ademais, o acto serviu para desvelar o nome do establecemento gañador deste último certame (promovido xunto coa Asociación de Empresarios de Riveira) que resultou Electrodomésticos Sampedro.
O alcalde de Riveira, Manuel Ruiz Rivas, foi o encargado de entregar os diplomas a cada un dos participantes, así como unha placa conmemorativa no caso do concurso de escaparates. Durante a súa intervención, o rexedor riveirense manifestou que o salto de calidade que experimentou este ano a feira mariñeira derivou exclusivamente da implicación de todos os establecementos que se quixeron sumar ao evento e expresou o seu desexo de que sirvan de punta de lanza para que outros negocios se involucren o ano que ven.
Manuel Ruiz aproveitou o seu discurso para pedir a colaboración de todos os presentes na Semana do Mar que está organizando o Concello para o ano que ven, e que entre outros obxectivos busca poñer en valor aqueles produtos pesqueiros e marisqueiros que agora non teñen tan fácil saída comercial como outros que están máis promocionados.
No transcurso do acto, Ruiz Rivas estivo acompañado na mesa presidencial dos concelleiros municipais de Cultura e de Comercio, Elvira Pisos e Anxo Orellán, respectivamente; así como do secretario da Asociación de Empresarios de Riveira, José Antonio Nespereira.
Ademais de Electrodomésticos Sampedro os establecementos que tomaron parte no concurso de escaparates foron Alalba, D´Nacar, Xoguetes Toy Sur, Pastelería Fina, Rincón del Chocolate, e Teresa Arreglos de Confección.
En canto aos establecementos hostaleiros: A Caseira, A Cuba, Aimar, As Fillas de Bande, A Taberna do Riaso, Botter, Brétema, Capitán Morgan, Carballoso, Ceos, Coliseo, Golfox, Kukua, La Brasa, Leiro, Noite Meiga, O Parque de Atrás, O Paseo de Coroso, Pepe`s e Plaza.
Relacionada:
Feira Mariñeira: Imaxes
Pode que tamén lle interese:
Andaina popular: o sábado 3 de setembro
Caricaturas de Pepe Núñez: ata o 15 de outubro no auditorio
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario