Esta iniciativa foi creada coa idea de difundir o estilo da compañía Nova Galega de Danza baseada na danza contemporánea e a danza tradicional de Galicia, co desexo de que os alumnos e alumnas interesados poidan ter a oportunidade de ter unha opción de traballo en futuras producións da compañía.
As clases serán impartidas polo profesor Vicente Colomer. O prazo de inscrición finaliza o 30 de setembro. Os interesados poden apuntarse no Auditorio Municipal, de luns a venres de 9 a 13 horas.
O prazo para formalizar a matrícula terá lugar do 1 ao 31 de outubro. As clases comezarán o 5 de outubro e terán lugar os mércores e os venres. O prezo é de 125,50 euros.
No que respecta ao prazo de preinscripción en Danza Clásica, terá lugar a partir do 1 de outubro.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario