Ribeira, 31 de marzo de 2011. Máis de 200 persoas confirmaron a súa participación na Gala da 13ª edición dos Premios Concello de Ribeira, que, organizada polo Ente Local coa colaboración da Asociación de Amas de Casa, terá lugar no día de mañá no Restaurante Baiuca (parroquia de Artes) a partir das 21 horas.
Tres son os distinguidos nesta nova convocatoria: Isaac Díaz Pardo na categoría de Cultura; a ONG Cáritas de Ribeira polo Traballo Desinteresado e a empresa Pescanova no apartado de Traballo Ben Feito. Tanto o coñecido emprendedor e artista galego como a presidenta de Cáritas de Ribeira, María Teresa Pérez, e o presidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa-Faro, confirmaron a súa presenza no acontecemento, que será presentado polo xornalista Pemón Bouzas.
Como representante da Xunta de Galicia estará presente tamén o xefe territorial de Cultura e Turismo da Coruña, Manuel Varela.
Escultura exclusiva
Cabe sinalar tamén que cada un dos tres distinguidos recibirán de mans do alcalde José Luis Torres, da presidenta das Amas de Casa Magdalena Bringas, e do citado Manuel Varela, unha escultura exclusiva deseñada expresamente para estes Premios polo reputado artista Miguel Couto: figura que estará acompañada dun certificado que acredita o seu carácter de peza única.
A escultura, denominada polo autor As Xentes do Mar, está fabricada en bronce, pesa 5 kilos e ten unhas medidas de 45x10x10 centímetros. Coa obra, Miguel Couto pretende reflexar a unión das xentes do mar á hora de traballar nese medio tan duro, e por iso, a escultura representa dúas figuras que, sostidas por unha onda contínua na base da peza, esfórzanse por levantar un cesto cheo de peixe en contínuo movemento.
Antes publicamos:
Premios do Concello: a Isaac Díaz Pardo, Pescanova e Cáritas
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario