Ribeira, 31 de marzo de 2011. O candidato á Alcaldía de Ribeira polo Partido Popular, Manuel Ruiz Rivas, presentou as súas propostas en materia de acción social e discapacidade aos pais da Asociacións Amicos.
Entre as distintas propostas feitas ás familias destaca de maneira importante a súa aposta por un Plan de Acción Social que se elaborará e contará coa colaboración das distintas entidades de iniciativa social e de xeito destacado coas entidades que traballan a favor das persoas con discapacidade.
Asemade destacou a súa aposta pola Accesibilidade, non soamente en materia de Urbanismo, senón destacará en materia de vivenda, destacando o compromiso de poñer a disposición das entidades de iniciativa social vivendas tuteladas que sirvan como recurso de integración social das persoas con discapacidade.
Na área laboral remarcou a súa aposta por poñer en marcha convenios de colaboración coas distintas entidades coa finalidade de facilitar a inserción sociolaboral de persoas en risco de exclusión social en areas como mantemento de espacios urbanos, conserxería e outras.
Asi mesmo remarcou a importancia de incluir nos pregos de contratación pública cláusulas de carácter social que fomenten a integración sociolaboral de persoas en risco de exclusión social ou con discapacidade.
No aspecto económico, Manuel Ruiz manifestou aos pais a súa intención de incrementar as axudas directas que a Administración Municipal concede as entidades de iniciativa social, ao tempo que aumentará tamén a dotación orzamentaria dedicada aos Servizos Sociais municipais, o que redundará nunha mellora dos servicios e nun incremento da calidade dos mesmos.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario