31.3.11

Ribeira: o Banco de Tempo oferta obradoiro de masaxes terapéuticas

Masaxe_1

Ribeira, 31 de marzo de 2011. O Banco do Tempo de Ribeira informa de que comezou un obradoiro de masaxes terapéuticas para socias e socios do banco do tempo. Este obradoiro terá unha duración de 3 sesións. A primeira celebrouse o pasado sábado, mentres que a segunda está programada para o sábado 2 de abril e a última para o sábado día 9. 

No transcurso do curso, impartido por dúas persoas con ampla experiencia en distintas técnicas alternativas, cada un dos participantes poderá consultar e aprender a paliar algunha dor ou relaxar algunha zona a través destas técnicas,  polo que o desenrolo do mesmo irá marcado maioritariamente polos participantes. 

Á primeira sesión acudiron 6 socios do banco, entre eles a concellala  de Igualdade, Acción social, Maiores e Dependencia, Mª Esther Patiño Rey, quen acudiu tamén en calidade de socia. O principal tema que alí se tratou foi o dos puntos de presión: a maneira de relaxar as distintas zonas nas que no día a día se van acumulando as tensións.  

Para a segunda sesión cóntase con máis participantes e se tratará maioritariamente o tema da reflexoloxía podal.  

O único requisito para a asistencia a estes e outros obradoiros organizados polo Banco do Tempo será pertencer como persoa socia.


 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical