Como siga a cousa así, haberá que poñer badéns enlentecedores ata nas autovías
Ribeira, 11 de novembro de 2011.- O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, púxose en contacto coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da súa Xefatura Territorial, para facerlle partícipe da preocupación existente entre a veciñanza, especialmente na parroquia de Oleiros, pola sucesión de accidentes automobilísticos e outras incidencias que se están a producir na estrada AC-550 (de titularidade autonómica) ao seu paso polo municipio.
Facéndose eco das demandas destes veciños, Ruiz Rivas solicitou á devandita entidade autonómica que teña a ben implantar con urxencia as medidas precisas para evitar esta situación de perigosidade. O rexedor incidiu na alta sinistralidade dalgúns dos tramos da vía, como o que pasa polo lugar de Salmón ou a recta situada fronte ao Hospital da Barbanza.
Algunhas das medidas que suxeriu podería ser estudada a súa execución son o pintado de liña continua alí onde sexa conveniente evitar adiantamentos ou a limitación da velocidade a 50 quilómetros por hora, entre outras.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario