Ribeira, 15 de abril de 2011. A Concellería de Xuventude e Turismo informa de que dende hoxe están abertas as oficinas de información ao turismo radicadas en Xarás e no paseo de Malecón de Santa Uxía con motivo da Semana Santa.
Aos visitantes proporcionaráselles abundante documentación sobre os recursos turísticos da zona, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. A apertura destes puntos de información prolongarase durante todos os días da semana ata o domingo 24 de abril, inclusive.
Tamén estará aberto o Centro de Interpretación de San Roque sito no Parque Periurbano do mesmo nome. O seu horario é de 9.30 a 13.30 e de 16 a 19 horas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario