15.4.11

Boiro: os empresarios pídenlle aos candidatos do Partido Socialista unha Concellería de Industria e Comercio

Img_0452

Boiro, 15 de abril de 2011. O candidato socialista á alcaldía de Boiro, Juan Jesús ARES, acompañado dos primeiros cinco membros da candidatura electoral socialista, mantiveron onte día 14 de abril unha xuntanza cos membros da xunta directiva da Asociación Boirense de Empresarios onde se examinaron diversas propostas para ser incorporadas ao programa electoral socialista das vindeiras eleccións municipais do 22 de maio.
Entre as peticións presentadas pola ABE cabe destacar a proposta de creación dunha concellería de industria e comercio ao obxecto de estreitar e dinamizar as relacións entre o concello e a rama empresarial local. Outras solicitudes expresadas polo  colectivo foron o posible abaratamento do chan industrial, a limpeza viaria e un maior rigor no cumprimento das normas de mercado municipal.
O candidato, pola súa banda, presentou un proxecto de creación dun corpo de policía medioambiental que foi ben recibido polos directivos da ABE. Deste modo amplíase a lista de encontros realizados nas últimas semanas pola candidatura do PSdeG-PSOE co fin de recabar as demandas e propostas das asociacións e colectivos boirenses. O candidato socialista á alcaldía volveu afirmar diante dos representantes da asociación dos empresarios o seu compromiso de afondar no desenvolvemento dunha liña de cooperación e sinerxia co mundo empresarial de Boiro.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical