- Pitusa Lomba dimitiu por incompatibilidade e a nova presidenta é María Outeiral Campos
Boiro, 8 de outubro de 2012. Na Asemblea Xeral convocada pola presidenta en funcións Pitusa Lomba (presentou a súa dimisión, moi o seu pesar, por incompatibilidade) o 9 de setembro do 2012 levouse coma punto principal do día a elección da nova presidencia. Dado que non se presentou ningunha candidatura formal, a presidenta en funcións animou a todos os socios presentes indicándolle que ela estaría este curso coma asesora, traballando con eles cóbado con cóbado, o cal lle facilitaría o traballo. Así mesmo, indicoulles que contaban cun remanente económico nas arcas da entidade e que tamén contaban co arquivo impreso e informatizado de toda a documentación dos últimos tres anos, feitos que lles axudaría e facilitaría moito a súa labor.
Tras as palabras de ánimo da presidenta en funcións, presentáronse dez voluntarios (algúns pertencentes a directiva anterior) para formar parte da nova directiva. Unha vez confeccionada a lista pasouse a votación para a elección da nova presidenta. Deste xeito, aprobouse por unanimidade que a nova presidenta da entidade fose dona Mª Luísa Outeiral Campos (secretaria na anterior candidatura)
Uns días despois presidenta Mª Outeiral, celebrou a primeira reunión de directiva propoñendo os cargos que deberían ter os nov@s directiv@s dentro da entidade, estando todos de total acordo, a lista de cargos quedou aprobada por unanimidade da seguinte maneira:
.. María Outeiral Campos no cargo de Presidenta
..Silvia Cordido Silva no cargo de Secretaria
.. Eva Piñeiro Saborido no cargo de Tesoureira
.. Patricia Sampedro no cargo de Vicepresidenta
.. Francisco Nieto vocal
.. Agustín Rivas Río vocal
.. Natividad Triñanes vocal
.. Rebeca Ozores vocal
.. Xosé M. Pérez vocal suplente
.. Miguel A. Lomba vocal suplente
.. J. Joaquín Fernández vocal honorífico
Así mesmo tal coma prometera a Presidenta anterior, Pitusa Lomba, aceptou o cargo de asesora (sen dereito a voto). Nesta reunión a nova directiva, púxose más a obra e acordaron, entre outras cousas, levar a cabo as seguintes actividades destinadas aos socios:
As actividades extraescolares xa comezaron este mes
. Actividades extraescolares: comenzo o 1 de outubro. Baile, Teatro, Inglés lúdico, Manualidades, Reforzo Escolar (impártense no Centro Social de Cabo de Cruz), Patinaxe, e Informática (estas dúas impártense no colexio e no pavillón de Valiño). A día de hoxe todas as actividades están en funcionamento excepto reforzo escolar por non cumplir o nº mínimo de participantes. Estas actividades están abertas aos socios durante todo o ano.
. IV Certame das Cabazas do Samaín e II Certame de Debuxo do Magosto. Poderán participar todos os alumnos (socios e non socios) do centro STª Mª do Castro. Os nenos participantes deberán entregar a súa cabaza o día 30 de outubro (nin antes, nin despois) e o seu debuxo do magosto ata o martes 6 de novembro ás 11:00h., ambos na conserxería do colexio. Indicar que o centro colaborará cos certames e en especial co de debuxo, co cal, os mestres darán a información oportuna aos cativos neste días.
. Festival de Nadal e Excursión de fin de Curso. Un curso máis a dirección do Centro informou a directiva que este ano so levarían a cabo dúas actividades extraescolares: a celebración do Magosto e do Antroido e que colaborarían puntualmente coa APA en outras como o samahín e certame de debuxo.
Según iso a Directiva decidiu facerse cargo un curso máis destas actividades, resolvendo que:
a) Festival: aqueles socios (adultos e nenos) que queiran participar téñense que apuntar na conserxería do colexio ata as 11:00h. da mañá do 26 de outubro Así mesmo, informouse de que o día 27 de outubro ás 18:00h. no Centro Social, terán unha reunión con todos os socios para poder levar a cabo a actividade, dado que se non se da un porcentaxe de colaboración semellante ao curso anterior, posiblemente, a directiva verase na obriga de cancelar o evento.
b) Excursión: nesta ocasión é imprescindible que os responsables dos nenos asistan ás reunións e colaboren e decidan na programación de tal actividade. Esta actividade tamén está dirixida só a socios. Todos aqueles alumnos de 5º e 6º de primaria do centro, que queiran participar na excursión, deberán ser apuntados por un adulto na conserxería do colexio ata a mañá do día 26 de outubro.
c) Recadación de fondos. Con motivo de recadar fondos para a excursión de fin de curso, a directiva está creando un plan de traballo que aínda que lle falta moito por perfilar, xa ten previsto facer unha rifa de para o día dos Namorados (unha cena romántica e outra sorpresa por determinar), venta de doces o día do festival, cobro de entrada do festival (prezo simbólico), e outra máis que aínda son ideas sen aprobar.
. Beneficios para socios; coma no curso anterior, esta nova directiva está xestionando certos servizos e descontos con empresas para todos aqueles socios/as da ANPA Loureda. Nestes intres os socios/as poden mercar un chándal e unha camiseta cun prezo máis baixo do que o poden atopar no mercado. A directiva lembra que se pode ver a calidade e cor do chándal e da camiseta na conserxería do colexio. A todas aquelas persoas que lles interese pódense apuntar no Centro Social ata a mañá do día 15 de outubro.
Toda a información en http://anpaloureda.blogspot.com.es
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario