- Só queda ata este martes para anotarse
Dodro, 8 de outubro de 2012. Este venres, 12 de outubro de 2012, celébrase na localidade de Lestrobe a décimo cuarta edición da carreira popular de Lestrobe que estará baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago).
Horario das probas:
HORA CATEGORÍA
17:15h Pitufo
17:30h Benxamín e Alevín
17:45h Infantil e Cadete
18:15h Xuvenil/Junior
18:15h Promesa/Senior e Veteranos
19:30h ENTREGA DE PREMIOS
Normas:
- Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta.
- O control técnico das probas estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega de tletismo, Delegación de Santiago de Compostela.
INSCRICIÓNS
O prezo da inscrición será o seguinte:
- ESCOLARES (de pitufo a cadete)............ GRATUITA -
- ABSOLUTA (de xuvenil/junior a veteranos).. 5,00 €
As inscricións realizaranse a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo www.atletismogalego.org onde será obrigatorio cubrir todos os datos solicitados e facer o pago da cota de inscrición de 5 € (atletas das categorías xuvenil/junior ata veterán) na pasarela de pago da Federación Galega de Atletismo até as 22:00 h do martes 9 de outubro de 2012.
Non se admitirán inscricións fora do prazo establecido nin o día da proba.Todos os atletas teñen a obriga de comprobar que a súa inscrición está correctamente formalizada na páxina web www.atletismogalego.org. Os atletas das categorías pitufo, benxamín, alevín, infantil e cadete están exentos do pago da cota de inscrición. Deberán facer a súa inscrición tamén a través da páxina www.atletismogalego.org As probas serán cronometradas co sistema de chips da Federación Galega de Altetismo (escolares NON). O dorsal deberá ser levado en todo momento na zona do peito, sen arrugas e perfectametne visible.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario