As sudadeiras locen este "presioso" deseñoRibeira, 2 de xullo de 2010. Dende onte xa se poden mercar as sudadeiras dorneiras en Podium Sport, na rúa 9 de agosto da Centenaria. O prezo non subiu: son 13 euros e a organización recomenda levar os cartos "xustos" (debe ser polo lío do cambio). Este sábado, 3 de xullo, vai ser a derradeira asemblea de peñas dorneiras. Ás oito e sete da tarde (xa ven que poñen estes horarios para os típicos que antes de erguerse piden cinco minutiños máis, ou mesmo para confundir aos que a noite aínda non confundiu). Ás 20:07, para ser menos exactos, no conservatorio municipal (o de música, non confundan con ningunha conserveira). Hai un grande inconveniente para esta asemblea de peñas: parece que a selección española de fútbol quere pasar a cuartos de final e algún dos dorneiros vai estar interesado en ver esa fazaña, así que a organización, en especial o seu presidente, Arturo González Mariño, pide "por respeto aos futboleros" que se chegue un pouco antes da hora (antes das 20:06, por exemplo). Os temas a tratar son: completar a organización dos xogos por parte das peñas e a colaboración das peñas nas actividades da cofradía. Tamén terá lugar a abordaxe da escola de remo que se iniciou este verán en colaboración co club Náutico de Ribeira, club de Remo da Pobra do Caramiñal e Concello de Ribeira.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario