2.8.12

Ribeira: actividades para os máis pequenos e Dover este venres nas festas do verán

  • A actuación de Duendesico Teatro fixo escachar á risa aos nenos
  • Houbo monicreques, inchables e obradoiros

Ribeira.- 2 de agosto de 2012.- A praza do Concello encheuse de risas dos rapaces que se achegaron esta mañá a ver a representación de Monicreques “Elías contra Calvin” de Duendesico Teatro. Ademais, un pallaso da propia compañía fixo que os rapaces participasen  na actuación a través de brincadeiras e xogos.

Os pais, ledos tamén, xa que os pequenos gastaron todas as súas enerxías saltando nos tres grandes inchables que se instalaron fronte o Consistorio. Alén diso, os nenos tiveron a oportunidade de que unha monitora lle pintase bonitos deseños na cara e de xogar a piratas con espadas feitas con globos. 

 Actividades do venres 3 de agosto


A mocidade do Concello ten unha cita este venres para romper o esqueleto ao ritmo da coñecida banda Dover, que actuará na praza de España ás 00 horas. A seguir poderán seguir celebrando o seu día de festa e achegarse ata a Discoteca Móbil que se instalará na praza da Lonxa á unha da madrugada.

 

Por outro lado, no campo municipal da Fieiteira celebrarase ás 20 horas o Trofeo Comisión de Festas, entre os equipos de fútbol Atlético Riveira e o Sálvora C.F.

 

Á mesma hora, o Auditorio Municipal dará cabida á actuación dos Grupos de Baile da Casa de Galicia de New York e Aires de Dorna de Ribeira.

 Asemade, unha verbena a cargo da orquestra Cartoon Band terá lugar no Malecón ás 22.30 horas.

 

Os máis pequenos tamén poderán pasalo en grande na Xornada Multixogo e de Xogos Populares FestiRiveira, que se desenvolverá ás 11.30 horas na praza de Uxío Novoneyra.

 

Ao longo da mañá os grupos de Gaitas A Gandaina e O Pichote de Palmeira e a Banda de Música Santa Cruz de Rivadulla percorrerán ás rúas coa mellor música.






Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical