O Consello da Xunta autorizou hoxe a sinatura dun convenio con Repsol Butano e Gas e Medio Ambiente Enerxéticas para avanzar no desenvolvemento das redes de distribución de gas propano canalizado (GLP)
Noia, 10 de xuño de 2010. A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía e Industria, ten como obxectivo
estratéxico, dentro do marco de planificación enerxética, a creación dunha infraestrutura de transporte e distribución de gas que actúe como factor de competitividade para o seu tecido empresarial e de incremento da calidade de vida dos galegos.
Para acadar este obxectivo prioritario, cómpre garantir a subministración de gas canalizado, neste caso GLP, ao maior número posible de núcleos de poboación de Galicia, e por este motivo, o departamento que dirixe Javier Guerra establece subvencións de até o 30% do investimento coa finalidade de que as dúas empresas coas que se asina o convenio poidan iniciar a construción das infraestruturas gasistas necesarias para a subministración de GLP canalizado. Estas infraestruturas beneficiarán a núcleos de poboación de cinco concellos da provincia da Coruña (Melide, Noia, O Pino, Sada e Ponteceso), catro da provincia de Pontevedra (A Estrada, Silleda, Moraña e Barro), tres da provincia de Ourense (A Rúa, Allariz e o Barco de Valdeorras) e outros tres da provincia de Lugo (Castro de Rei, Monterroso e Ribadeo).
Este Decreto, asegura a Xunta, é o primeiro das súas características que se desenvolve en España, e "sitúa a Galicia á vangarda, e permitirá superar a parálise anterior herdada e recuperar o desenvolvemento das redes de distribución gasistas no noso territorio, co conseguinte beneficio para o tecido empresarial e os cidadáns de Galicia".
Deste xeito, o Goberno da Xunta avanza no desenvolvemento das redes de gasificación e senta as bases, a través do Decreto, "para resolver, dunha vez por todas, un problema derivado do desenvolvemento na distribución de GLP e gas natural, que trouxo consigo a aparición de novas empresas distribuidoras interesadas na gasificación de certas zonas do noso territorio, o que fai preciso regular a forma de resolución no suposto de concorrencia de varias solicitudes de autorización administrativa para as mesmas instalacións", conclúe en nota de prensa o Goberno da Xunta.

Acusan de parálise ao goberno anterior

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario