10.6.10

Ribeira: "A miña primeira aventura" será en Rianxo para nenos de 6 a 9 do 24 ao 28 de agosto

Ribeira, 10 de xuño de 2010. O Concello, en colaboración coa asociación cultural, de ocio e tempo libre Arrecó van poñer en marcha no vindeiro agosto un campamento de verán que ten como obxectivos a implantación entre os participantes de valores como o espírito creativo, o respecto ao medio ambiente, o compañeirismo ou a convivencia. Trátase do Campamento “A Miña Primeira Aventura”, que está coorganizado polas Áreas Municipais de Xuventude e Turismo de Cultura xunto coa referida asociación. Os concelleiros Vicente García e Luciano Fernández e o presidente de Arrecó, Mario Vidal, ofreceron detalles da actividade esta mañá.

“A Miña Primeira Aventura” desenvolverase entre os días 24 e 28 de agosto no Albergue Rianxiño do concello de Ribeira. A acción está pensada para nenos con idades comprendidas entre os 6 e os 9 anos, tendo en conta que outras Administracións organizan iniciativas semellantes pero para rapaces de idades distintas ás indicadas.

Hai un total de 50 prazas convocadas e o prezo é de 75 euros para os rapaces interesados en participar, dándose prioridade aos empadroados en Ribeira. As actividades de que consta o campamento incidirán especialmente na promoción da igualdade, desenvolvendo por igual e sen distinción de sexos as tarefas domésticas. Tamén comprenderá distintos obradoiros (manualidades, cor, pintura, reciclaxe, maionetas...), xogos de tempo libre (sendeirismo, rastrexo, xincana...) e visitas ás inmediacións.

O persoal que dirixirá  o campamento posúe titulación no campo de tempo libre, expedida pola Xunta de Galicia e unha experiencia contrastada no traballo con nenos e nenas. Hai un ratio de un monitor por cada seis alumnos. Os interesados en asistir poden obter máis información no Auditorio Municipal de Riveira ou ben a través do número de teléfono 619 834 792 ou a dirección de correo electrónica arreco@arreco.org. Xa está aberto o prazo de inscrición, que se cubrirá por orde de chegada. 

O albergue Rianxiño acolleu outro campamento nas Letras Galegas:

</object>


 

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical