Noia, 21 de xullo de 2010. No mes de agosto, en concreto o xoves 5 e o venres 6 de agosto, o espazo da Alameda noiesa contará cunha cúpula para divulgar a ciencia entre os máis mozos do municipio. A cúpula "Caixanova na Rúa" é unha actividade promovida por esta entidade bancaria na que se realizan obradoiros de ciencia para os nenos.
Cúpula que conxuga ciencia con entretemento
Entre outras cousas que se poderán ver na cúpula está unha luva interactiva para controlar xogos, o mando da wii non só para xogar; exemplos de realidade aumentada; un piano máxico; varios experimentos visuais con webcams; control de computadoras e outros dispositivos mediante ondas cerebrais, o mindflex (elevar unha boliña co poder da mente) e o neuroskymindset, que converte a imaxes as reaccións da nosa cachola ao escoitar música ou xogar con algún video xogo. Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia












No hay comentarios:
Publicar un comentario