30.9.10

Ribeira: donan caricaturas de Pepe Núñez para ser expostas na Casa Museo Municipal

Ribeira, 30 de setembro de 2010. O Concello de Ribeira foi obxecto hoxe dunha doazón dunha serie de creacións artísticas de Pepe Núñez, principalmente caricaturas, co fin de ser expostas na Casa Museo Municipal que abrirá as súas portas en breve. Ramona Romero Mariño, amiga persoal do autor e propietaria do material obxecto de cesión gratuíta, e José Luis Torres Colomer, o alcalde, foron os encargados de formalizar o acordo.

Pepe Núñez foi un ribeirense moi coñecido entre os seus veciños dende a época da Posguerra. Perruqueiro de profesión, o seu local situado na actual rúa de Galicia era moi visitado polos veciños para participar nas tertulias que nel tiñan lugar. Ademais, era un gran debuxante. Finou no ano 1983.

 

O Museo Municipal abrirá en breve na coñecida Casa de doña Adela, na rúa Galicia

O material doado está  composto por sete caricaturas, algunhas delas doutros coñecidos ribeirenses como o taberneiro Julio Bravo, Juan O Bruxo ou a esposa de Pepe Núñez, Marcela Pariente Santos. Integran a cesión tamén un cadro (mariña), dous textos de felicitación con texto manuscrito ao dorso (datados en 1979 e 1980), unha tarxeta de visita de Pepe Núñez e a súa dona Marcela; dous pequenos textos manuscritos (saúdos); dúas reproducións de caricaturas de Pepe Núñez convocando sendas exposicións sobre o autor (unha na Casa de Cultura en marzo de 1992 e a outra no Círculo Mercantil e Industrial), dous recortes de periódico con caricaturas e un recorte de periódico sobre a figura do debuxante. 

Ramona Romero Mariño é natural de Ribeira, pero leva afincada nas Palmas de Gran Canaria dende o ano 1951. É a madriña da Policía Infantil de Ribeira.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical