A actividade está organizada polo Club Ciclista Barbanza coa colaboración do Concello de Boiro Boiro, 30 de setembro de 2010. Este sábado, día 02 de outubro, disputarase en Boiro a proba ciclista para as categorías de escolas, cadetes e féminas “XXII Promoción do Ciclismo Boiro 2010”, organizada polo Club Ciclista Barbanza coa colaboración do Concello de Boiro. Está previsto que participen entre 120 e 150 deportistas, de idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos. A saída terá lugar ás 16.30 horas na Avenida da Constitución. Para realizar a proba será preciso cortar o tráfico no tramo comprendido entre a rotonda da confluencia coa avenida de Compostela e a rúa Borobó, entre as 14.30 e as 19.30 horas. O tramo inhabilitado á circulación, así como o desvío alternativo, serán sinalizados convenientemente. O Alcalde, Xosé Deira Triñanes, e a concelleira de Deportes, Dores Torrado Ares, realizarán a entrega de trofeos aos gañadores ás sete da tarde.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario