15.6.10

Música: elabora o novo videoclip de JabonBlue no concurso que propoñen


Ribeira, 15 de xuño de 2010. Jabón Blue e PAI Música danvos a oportunidade de facer o videoclip do tema El baile de los huesos do seu novo traballo Flores en la carretera.
Se sempre quixeches facer un videoclip, tiveches alma de Scorsese ou simplemente tes gañas de demostrar o que podes facer envía o teu videoclip antes do 5 setembro de 2010 a Internet a través da páxina web de PAI-Música.
E ti dirás, para qué? Pois ben, á parte do prestixio, recoñecemento e fama mundial e poder conseguir 2 pases de backstage e unha cea co grupo para un concerto a convir, e o máis importante: o teu vídeo será o videoclip oficial do tema!

Todos os participantes recibirán unha camiseta do grupo e os tres discos de Jabon Blue: Flores en la carretera (2010) en formato físico e os álbumes La música va por dentro (2006) e By the White (2008) en formato dixital xa que actualmente están esgotados.

Bases do Concurso:

  1. Cada vídeo pode estar dirixido por un máximo de 2 persoas.
  2. Os vídeos participantes deberán ser subidos a través do seguinte formulario e publicaranse no Muro do perfil de Facebook de PAI onde poderán ser votados.
  3. Para votar só tes que entrar no noso Facebook e seleccionar o video e pulsar en "Me gusta". O vídeoclip participante que máis popularidade teña será o gañador do concurso.
  4. O prazo de entrega dos vídeos finaliza o vindeiro 5 setembro de 2010 (inclusive).
  5. O tamaño do vídeo non pode superar os 100 MB.
  6. Os formatos permitidos son: AVI, MPEG, MPG, MP4, MOV
  7. Podes descargar a canción AQUI
  8. O video debe ser 100% orixinal, feito integramente polo participante expresamente para este concurso e libre de plaxios.
  9. A organización resérvase o dereito de non seleccionar ningún video como videoclip oficial de "El baile de los huesos" se considera que ningún dos participantes ten o nivel mínimo desexado.
  10. A temática do video é libre, sempre e cando teña relación co tema da canción "El baile de los huesos" e non teña contidos de corte violento, sexista, racista ou xenófobo.
  11. Para que o video poda ser utilizado como videoclip oficial do tema "El baile de los huesos" o creador cede os permisos de difusión, publicación e reproducción do mesmo á casa discográfica, neste caso PAI Música.
Se queres saber máis sobre Jabon Blue visita o videoblog de Casa de Tolos da gravación do disco ou mesmo a páxina do grupo www.jabonblue.com

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical