Hai unha peña chamada "Don Paquito", que non sabemos se terá relación co sinal
Boiro, 15 de xuño de 2010. Os primeiros días de xullo son sinónimo de festas en Boiro. Este ano a participación activa vaise ver reforzada co incremento do número de peñas que tomarán parte nos festexos. Segundo explica o Concello en nota de prensa, "a pasada edición das festas de Boiro 2009, xuntou a un grupo de amigos na sesión vermú daban color á rúa peonil, con tradicionais camisetas e paños ao pescozo, na procura de facerse co premio en modalidades "tan duras" coma o tiro a corda, as carreiras de sacos e incluso clásicos coma levar o ovo na cuchara. O que nun principio tivera unha tímida resposta do público no chamado DÏA DAS PEÑAS, o ano pasado tivo xa unha excelente aceptación, o cal se ve confirmado neste ano, posto que para a vindeira edición do Día das Peñas, hai anotadas vinte peñas, mentras que o ano pasado eran tan só seis.
Este dato de participación non asusta as peñas máis veteranas, como son DON PAQUITO, BOLIÑA, RÍA DE AROUSA ou incluso aos integrantes máis novos da peña DON GLOTÓN, que contan con facerse coa vitoria neste ano. Entre as novas incorporación está a da Tasca do Neno, a do Demo, a do Guilligans, a do Miramar, a do Dralión, a do Gavá e algunha outra máis.
Peñas en acción na Festa da Dorna de Ribeira
O costume das peñas está causando furor nas festas da comarca. A veterana Dorna destaca por este xeito de participación, seguida polas "JuadaluPeñas" de Rianxo, cando son as festas na honra da Guadalupe. Como vaiamos a este paso, haberá que facer unhas olimpiadas peñeiras a nivel comarcal.
Nova ubicación: Praza do Concello
O Día das Peñas 2010 será o 5 de Xuño e posto que o número de partcipantes o require, haberá moitas novidades. Vai cambiar de ubicación: incluso a rúa peonil semellaba escasa para seis peñas, así que este ano o Día celebrarase na Praza do Concello e, para animar a todos aqueles que ousen participar, a Orquesta Superfama porá a nota musical na sesión vermú.
As tradicionais probas darán comezo ás doce do mediodía (hora na que todas as peñas están convocadas para dar inicio á dura competición). Haberá carreira de sacos, tiro da soga, zancos, ovo – cuchara, cabeza na fariña, mazá a medias, carreira de contedores e máis. Logo de deixar tempo para repoñer forzas e voltar a danzar haberá un pinchadiscos que recorrerá as rúas de Boiro cun pasarrúas composto por todas as peñas participantes que rematará ás oito da tarde onde comezou, ou sexa, a Praza do Concello. Nese intre do remate vanse entregar os trofeos aos premiados e darase a elección de cambiar a música máis moderna do pinchadiscos polas verbenas tradicionais.
O prazo para anotarse expiraba hoxe
Para todos aqueles aos que aínda lles quede curiosidade ou queiran pasalo ben e montar unha peña para o día das festas: ata o día 15 de Xuño tiñan tempo de anotarse no Centro Social de Boiro ou no teléfono 620970072.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario