- Serán concelleiros na oposición Paula Blanco e Jacobo Tanoira, este último secretario de organización actual do Psoe dodrense
Dodro, 2 de decembro de 2011. O pasado mércores, 30 de novembro de 2011, no concello de Dodro celebrouse un pleno extraordinario cun único punto da orde do día: a aceptación das renuncias ás súas actas como concelleiros de dous dos candidatos seguintes presentes na lista da Agrupación Municipal Socialista. A agrupación socialista de Dodro manifesta "a intención de levar a cabo unha renovación do partido e, polo tanto, das persoas que os representan dentro do concello. As dúas persoas encargadas de tomar posesión das súas actas, agardamos que antes do vindeiro pleno ordinario do concello, serán dona Paula Blanco Giráldez e don Jacobo Tanoira Janeiro, ámbolos dous mozos residentes en Dodro, cunha grande implicación na política do concello, no funcionamento da propia Agrupación Socialista e completamente preparados para afrontar esta nova etapa política que chega".
Foi a propia Agrupación a que, unanimemente, decidiu os novos concelleiros, "aos que brindamos o noso apoio incondicional e colaboración, tanto por parte dos concelleiros saíntes, que no seu día tomaron posesión na constitución do novo goberno, coma dos que agora mesmo renuncian ás súas actas. Tamén temos que aclarar que o Secretario Xeral, don Xabier Castro Tourís, colabora estreitamente cos que serán os novos concelleiros do Concello de Dodro", explicou en nota de prensa Jacobo Tanoira Janeiro, actual secretario de organización da Agrupación Municipal Socialista de Dodro.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario