O Instituto Galego da Vivenda e Solo financiará obras en compensación polas realizadas polo concello na contorna das vivendas de promoción pública entregadas este ano. As obras serán realizadas polo concello. O convenio ten vixencia ata o 30 de decembro de 2011
Ribeira, 16 de decembro de 2010. Segundo se acordou hoxe no Consello da Xunta, o Instituto Galego da Vivenda e Solo investirá un total de 235.525 euros, IVE incluído, en obras de reurbanización das rúas de subida ao Adro e rúa Cambra na parroquia de Palmeira, co obxectivo de melloralas urbanística e ambientalmente, segundo establece o convenio aprobado.
As obras, que serán executadas polo Concello de Ribeira, son financiadas polo Goberno galego en compensación polas que tivo que realizar o concello na contorna das 21 vivendas de promoción pública construídas polo IGVS no concello, relacionadas cos
servizos de acometida de auga, rede de sumidoiros e subministración de enerxía eléctrica.
O convenio aprobado polo Consello da Xunta establece que as obras que se van realizar na parroquia de Palmeira consistirán en: Mellora das redes de abastecemento de auga, saneamento de augas residuais e pluviais.
Soterramento das liñas da rede de iluminación para eliminar o actual cableado aéreo que deturpa a imaxe da contorna.
Colocación dun novo pavimento a base de lastro de formigón e pedra granítica.
Demolición do antigo mercado municipal de Palmeira e recuperación da fonte de pedra situada no seu soto.
Dotación de novo mobiliario urbano
O orzamento destinado polo IGVS a estas obras dividirase en dúas anualidades:
• Ano 2010: 10.000,00 €
• Ano 2011: 225.525,71 €
O convenio, que será asinado por Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e José Luis Torres Colomer, alcalde de Ribeira, terá vixencia ata o 30 de decembro de 2011.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario