16.12.10

Ribeira: veciños acuden cada mes ao santuario de San Campio de Lonxe, en Tomiño

Ribeira, 16 de decembro de 2010. Veciños de Ribeira acuden cada mes ao santuario de San Campio de Lonxe en Figueiró, Tomiño (Pontevedra, xa pretiño de Portugal). Esta viaxe, motivada por crenzas relixiosas, é posible grazas á colaboración de Peregrinaciones Marfe, da que é responsable o tamén ribeirense Edmundo Martínez. Todos os veciños que o desexen poden acudir a este frecuentado santuario e recibir os consellos e bendicións do seu afamado párroco José Luis Portela.

Quen é José Luís Portela?

Párroco de San Campio de Lonxe, tamén é exorcista na diócese de Tui-Vigo. Leva uns 40 anos como sacerdote e máis de dez como exorcista. Un dos casos máis famosos tívoo no mesmo Tomiño, onde lle practicou un exorcismo a unha nena que fixera a Ouija. Calquera que vaia a este santuario pode relacionar de contado a relación deste cura co demo. Nun dos carteis dentro do templo pode lerse: "El demonio nos quita la vergüenza a la hora de pecar y nos la da a la hora de confesar". Por esta especial característica de José Luís Portela, é un nome habitual en programas de misterio e blogs sobre asuntos paranormais. Como exemplo, este botón.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical