16.12.10

Lousame: acordan mercar o polvorín anexo por medio millón de euros para legalizar a planta de reciclaxe de Servia

Lousame, 16 de decembro de 2010. Tras unha reunión esta mesma tarde en Muros, a Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza, que xestiona a planta de reciclaxe de Servia, acordou mercar os terreos do polvorín que pertence a Maxam (antes Unión Española de Explosivos) por medio millón de euros. Deste xeito soluciónase un dos problemas xurídicos que afectaban a esta instalación: ao ter ao pé un polvorín, o Concello de Lousame non podía poñer en orde a licenza de explotación.

Na reunión, na que se xuntaron todos os alcaldes desta Mancomunidade, acordouse acudir a unha liña de creto por un montante de 400.000 euros, que, unidos aos 100.000 que xa acadaron da Xunta de Galicia, destinaranse a pagar os terreos do polvorín. A finca, anexa á planta de Servia, está no Concello de Rois e ten unha extensión de 120.000 metros cadrados. Para financiar esta operación tamén contan cunha axuda da Deputación de A Coruña, de 100.000 euros, que chegará para o vindeiro 2011. Para a liña de creto cóntase con dúas caixas: La Caixa e NovaCaixaGalicia.

Deste xeito, a firma FCC, que é a concesionaria da planta de tratamento de residuos, xa ten unha pexa menos para seguir adiante co seu traballo na planta, que estivo ameazada de peche por impagos e por este problema legal, entre outros factores.

Antes publicamos:


Planta de reciclaxe: o Psoe di que Ecoembes rouba aos Concellos


Planta de reciclaxe: os traballadores seguen coa folga en Ames e Carnota


Ecoplanta: A Xunta di que é moi importante e traballa por ela 

E o Bng todo o contrario


Ecoplanta: o PP de Porto do Son tamén apoia aos traballadores

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical