O evento foi presentado este mediodía polo concelleiro de Cultura e Festexos de Ribeira, Luciano Fernández, e pola profesora de ballet clásico da Escola Municipal, Cristina Riveiro, quen exercerá de directora artística do festival. Segundo informou esta última, no repertorio figurarán pezas de Gottschalk (un autor moi próximo aos ritmos caribeños), de Helsted, Paulli e Gade, e dos clásicos Strauss e Tchaikovsky. Tamén incluiranse dúas obras de Philip Sousa e de Sting/Cheb Mami, que levan por título “Estrellas” e “Rosa Desértica”, respectivamente.
Tanto Luciano Fernández como Cristina Riveiro quixeron destacar a dedicación e o esforzo de que fixeron gala os alumnos dende o inicio do curso, cuxos froitos poderán comprobar os asistentes ao espectáculo montado. Asemade, lembraron que as entradas para asistir á actuación son gratuítas e recomendaron retirar as mesmas media hora antes do inicio da función.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario